sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo expón o turismo como sector prioritario para a reactivación

Feijóo expón o turismo como sector prioritario para a reactivación

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, expón o turismo como sector prioritario para a reactivaicón coa seguridade e calidade como divisa.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo hoxe o turismo como sector prioritario para a reactivación coa seguridade e a calidade como divisa. “Estamos a falar dun dos sectores que máis aporta ao PIB e o segundo que máis emprego achega. Polo tanto, debe ser unha prioridade política e económica para Europa e, especialmente, para España”, dixo, facendo fincapé tamén na necesidade da posta en marcha de incentivos para o turismo nacional.

Durante a súa participación no VII Foro de Innovación Turística do Grupo Hotusa como relator no diálogo sobre Turismo e claves para a recuperación, Feijóo reiterou a necesidade de contar a nivel nacional cun Plan director para a recuperación do turismo; e  referiuse, a modo de exemplo, ás iniciativas que, neste eido, se están a levar a cabo na Comunidade, entre as que destacou os test que se realizan aos visitantes que chegan aos aeroportos galegos, o rexistro de viaxeiros e a activación dun bono turístico dirixido á poboación galega co fin de impulsar a reactivación do sector.

Ao longo do acto, o responsable do Goberno galego insistiu na necesidade de incentivar o consumo e, nesta liña, propuxo un IVE superreducido durante un semestre para apoiar a recuperación do sector: “Non estou formulando un IVE superreducido para o turismo de forma estrutural, senón de pactar co sector unha cuestión conxuntural”, precisou, instando a reflexionar sobre esta cuestión “xa que nos xogamos o emprego e a reactivación económica”.

Feijóo concluíu destacando que Galicia seguirá apostando por un modelo turístico seguro e de calidade, co Ano Santo 21-22 como gran oportunidade. “Nunca houbo dous anos de Xacobeo e, neste sentido, estamos a falar dunha oportunidade espectacular que debemos agradecer ao Vaticano”, dixo, resaltando o potencial da Galicia verde que a converten, por exemplo, nunha das comunidades con máis bandeiras azuis.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS