O concello do Rosal, pola súa banda, únese á listaxe dos municipios libres de COVID-19.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza do municipio de Mos nunha semana. Cómpre lembrar que neste concello da Louriña rexeron as medidas do nivel máximo de restricións por mor da incidencia do virus. Pola contra, os casos volven aos municipios da Guarda e da Cañiza logo de varias xornadas nas que non se producían contaxios nin en 7 nin en 14 días. O Rosal, libre do virus.

Mos súmase ás localidades de Mondariz, Nigrán, Arbo e do Porriño nos que o virus deixou de circular durante unha semana entre a súa veciñanza. Si manteñen casos coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos concellos libres do virus como si o están Crecente, Covelo, Oia, As Neves, Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario e, agora, O Rosal.

Os contaxios volven aos concellos da Cañiza e da Guarda por primeira vez dende o inicio do mes de xuño. O municipio do Baixo Miño presenta unha incidencia inferior aos 10 casos por 100.000 habitantes en 7 días mentres que o da Paradanta, inferior aos 25 por 100.000.

Tomiño, Soutomaior e Gondomar manteñen os datos epidemiolóxicos con respecto ao inicio da fin de semana ao rexistrar entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana sen superar, ningún deles, o abano dos 1-9 positivos en 7 días. Redondela, que sobe ata esta mesma incidencia, conta con 10 contaxios entre a súa veciñanza.

Ponteareas presenta a incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana e Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vigo e Baiona conta con menos de 25 por 100.000. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos con 60.

No conxunto da Área Sanitaria de Vigo hai 305 casos activos, 29 menos que no inicio da fin de semana. Arestora, son 8 pacientes ingresados por mor da COVID-19 en camas convencionais e 4 nas UCI. É a área da Coruña a que conta con máis positivos con 380.

 

 

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron