jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísProbas exitosas nas discotecas para reabrir o 1 de xullo

Probas exitosas nas discotecas para reabrir o 1 de xullo

Balance positivo no cumprimento das normas e unicamente algún incidente nas medicións de CO2 nas 6 probas piloto feitas no ocio nocturno este sábado. Sector e Xunta reaxustarán o protocolo anticovid para reabrir este sector a partir do 1 de xullo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

A entrada dos asistentes foi ordeada e cumpriron as normas ao bailar ou beber, gardaron a distancia de seguridade entre sí e levaron a máscara posta. Unicamente se produciu algún incidente nas medicións de CO2 que García Comesaña atribuíu a faios técnicos no «rexistro» dos datos.l

A Xunta e o sector volve reunirse agora para reaxustar o protocolo anticovid para correxir pequenos aspectos e concluír unhas normas axeitadas para o bo desenvolvemento da actividade nos negocios de ocio nocturno a partir do vindeiro 1 de xullo, segundo a previsión de reapertura.

Na sete grandes cidades galegas non se rexistraron botellóns a fin de semana. A Xunta lembra que están prohibidos e advírtello especialmente á mocidade e aos estudantes que estes días acabarán os exames.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES