Arestora, os traballadores están a negociar a porcentaxe dos servizo mínimos.

Os traballadores e as traballadoras do servizo do lixo de Ponteareas vén de anunciar, a través do sindicado CIG, unha folga indefinida a partir do 28 de setembro. É dicir, a partir do próximo mércores, se non chegan a un acordo coa empresa para mellorar as súas condicións laborais e aumentar os salarios, non haberá servizo de recollida de lixo, nin limpeza viaria nin se levarán a cabo as tarefas que se realizan no punto limpo na vila do Tea.

Arestora, estanse a negociar a porcentaxe de servizos mínimos que se cubrirán. A empresa pide un 90%, porcentaxe coa que non están conforme e que tratarán renegociar co Concello de Ponteareas, que é a adminsitración que adxudica o servizo.

Escoita a entrevista completa co representante sindical Pedro Pérez aquí:

 

¿E ti, es de Tweet?