Apuntan a que "os profesionais están totalmente saturados".

"Estamos moi preocupados". Así o aseguran os socialistas de Ponteareas diante da sitaución da atención primaria da localidade, que está "colapsada e os profesionais están totalemente saturados e por enriba eñen que prestar atención os usuarios de outros centros de saúde como As Neves, Covelo, Mondariz ou Salvaterra de Miño".

Explican que "os doentes e a veciñanza en xeral non deben enganarse e culpar os profesionais sanitarios do caos que estamos a sufrir no noso centro de saúde" e culpabilizan ao presidente da Xunta, Núñez Feijoo, "polo claro afán privatizador da sanidade, falla de previsión na cobertura de profesionais que se van xubilando e os cativos investimentos, están levando á catástrofe total o principal piar do Estado do benestar". .

O PSOE de Ponteareas piden ao Partido Popular do municipio "que se deixe de poñer de perfil nunha materia tan importante como a saúde e se poña do lado dos veciños".

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron