Consistiu no pulimento e substitución da tarima polo uso das distintas modalidades deportivas que se practican.

O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras de acondicionamento e renovación da pista de xogo do Pavillón "Cándido Carrera". Este traballo levouse a cabo durante as vacacións de Nadal e consistiu no pulimento e substitución da tarima polo uso das distintas modalidades deportivas que se practican, así como o vernizado completo e pintado das liñas que delimitan as superficies deportivas, segundo apunta a administración local.

Deste xeito, o pavillón luce un novo aspecto totalmente rexuvenecido e idóneo para a volta do Nadal, polo que "os deportistas gozarán das mellores condicións dunha infraestructura renovada e lista para ter unha competición e uns adestramentos nas mellores condicións".

Apunta, amáis, o Concello que "o Pavillón Cándido Carrera é un dos mellores pavillóns de toda a contorna, conta cunha das mellores pistas  adaptadas ao xogo de fútbol sala, balomnan, bátminton, baloncesto, patinaxe e as diferentes actividades deportivas que se levan a cabo tanto por parte do CEIUP Infante Felipe e a ANPA".

A día de hoxe está sendo empregado polo colexio, pola AMPA e por catro asociacións deportivas do municipio que xunto ao pavillón municipal de Leirado ofrecen unha ampla posibilidade aumentar o rendemento deportivo de todo o municipio.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron