No marco da operación LOMBO-TUI, a Garda Civil atopou na vivenda unha escopeta, un rifle, munición , e televisores, entre outros obxectos.

A Garda Civil detivo a catro veciños de Ponteareas aos que se lles atribúe a presunta autoría dunha vintena de delitos de roubo cometidos durante os últimos meses en distinas vivendas do municipio da vila do Tea e en zonas veciñas, dous delitos de tenencia ilítica de armas e un delito de tráfico de drogas.

As investigacións realizadas polo Equipo de Policía Judicial de Tui e a Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas, no marco da operación LOMBO-TUI, concluíron co esclarecemetno dos roubos con forza en distintas vivendas realizados na comarca do Condado e da Paradanta.

No rexistro do domicilio dunha vivenda, atopáronse, entre outros obxectos, unha escopeta, un rifle, munición, reloxos, televisores así como diversas ferramentas xunto con 8 gramos de cocaína.

Os detidos e as dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xuzgado de Instrucción número 1 de Ponteareas.

¿E ti, es de Tweet?