sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoA sustentabilidade alimentaria, clave no futuro do rural

A sustentabilidade alimentaria, clave no futuro do rural

O Centro de Formación Profesional EFA A Cancela de As Neves celebra estes días a súa Semana Gastrocultural, unha actividade xa consolidada que chega este ano a súa sexta edición baixo o título “Unha mirada cara á sustentabilidade alimentaria”.

Os alumnos dos cinco ciclos formativos que se imparten na Efa A Cancela poderán profuncizar neste tema, para o que foron convidados a falar varios expertos na materia.

Un dos relatores que xa pasou esta semana polas xornadas foi Javier Olleros, chef e fundador de Culler de Pau, o único restaurante de Galicia con dúas estrelas Michelin. Olleros participou nun faladoiro con Alberto Baamonde, o director do documental que versa sobre este chef que emprendeu un proxecto de alta cociña nun entorno coma O Grove. Este é precisamente un dos obxectivos da Semana Gastrocultural, amosar ás xeracións máis novas que se pode apostar polo rural.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES