sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaLanzan no Porriño un dispositivo para detectar cancro en sangue

Lanzan no Porriño un dispositivo para detectar cancro en sangue

AIMEN Centro Tecnolóxico e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL) traballan conxuntamente no desenvolvemento dun dispositivo microfluídico portable e funcionalizado para aplicacións biomédicas co obxectivo de mellorar o filtrado de mostras sanguíneas de cara á extracción de plasma para o diagnóstico precoz de enfermidades cancerosas

NANOeaters AIMEN1A tecnoloxía empregada é un método mix-and-match no que se combina a experiencia de ambos centros nos seus respectivos campos. Por un lado, a capacidade de funcionalización superficial con láseres ultrarrápidos do grupo de Aplicacións Láser de Micro-Mecanizado Avanzadas de AIMEN; e, por outra banda, a experiencia en fabricación e replicación de micro e nano estruturas do grupo de Microfabricación e Nanotecnología exploratoria do INL.

A colaboración mantida entre ambos centros facilitou a fabricación dun prototipo que permitirá, a partir de pequenas mostras de sangue, illar parte dos compoñentes do plasma sanguíneo para diferentes diagnósticos.
Dito prototipo será ensaiado e validado nos vindeiros meses grazas á colaboración coa biotecnolóxica NASASBIOTECH.

A capacidade de dotar aos dispositivos microfluídicos cunha funcionalización a medida, así como o rápido proceso de replicación para a súa produción en masa con baixo custe, fai que esta tecnoloxía de fabricación sexa especialmente interesante para a medicina do futuro.

O proxecto NANOeaters, cofinanciado polo programa Interreg Poctep, está liderado pola Xunta de Galicia e conta coa participación do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL); as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela; os centros tecnolóxicos Gradiant, CTAG e AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS