sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísA TVG terá canle en galego con programación infantil e xuvenil

A TVG terá canle en galego con programación infantil e xuvenil

A Televisión de Galicia terá unha canle audiovisual en GALEGO dirixida ao público xuvenil. A proposta Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada con 33.000 sinaturas, logrou o apoio unánime dos grupos no Parlamento de Galicia.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira:

Lograr que a canle audiovisual pública de Galicia teña moita máis programación en lingua galega dirixida aos nenos e nenas, mozos e mozas é o que pretende a iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Unha petición que apoia polo menos 33.000 galegos e galegas que asinaron para mostrar o seu respaldo á proposta.

O acordo adoptado na Cámara galega recolle que “o sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como app actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega”.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, considera que este é un logro de toda a sociedade galega que se involucrou na petición: “Os centos de negocios que prestaron a súa colaboración para recoller apoios, nunhas condicións moi complicadas pola pandemia, os voluntarios da Mesa que se mobilizaron para recadar máis de 33.000 sinaturas» e lograr un acordo para que o galego deixe de estar excluído do audiovisual.

Con todo o conseguido xerou críticas dos asinantes en apoio a esta iniciativa por ser o conseguido unha canle temática accesible a través de internet e non en aberto. Sería accesible nos paquetes básicos das plataformas de contidos audiovisuais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS