“Máis pronto que tarde a cidadanía europea consumirá vermes de fariña”

Galinsect é unha StartUp, que se ubica en Cristiñade, Ponteareas, e é a única que se dedica a produción industrial do verme de fariña.

"Máis pronto que tarde a cidadanía europea consumirá vermes de fariña". Así o cre o CEO de Galinsect, Rubén Recamán, que se dedica á gandería vertical de vermes de fariña. A granxa atópase na parroquia de Cristiñade, en Ponteareas. Son cinco persoas as que traballan nesta StartUp e, polo de agora, son as únicas de Galicia que producen de forma especializada este coleóptero de forma individual.

O obxectivo é abastecer a outros sector co fin de alimentar a diferentes animais. Con todo, a Comisión Europea recoñece como novo alimento ao verme de fariña e autorizou a súa comercialización para consumo humano "pois trátase dunha fonte de proteínas que axudará á transición cara un sistema alimenticio máis sostible", segundo a Comisión.

Na granxa, dispoñen aos vermes en estanterías verticais cunha temperatura ambiente de 29 graos e unha porcentaxe de humidade do 60%.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron