martes, junio 6, 2023
Google search engine
InicioComarcasBaixo MiñoDesaloxan varios inmobles en Tomiño por un escape nun depósito de gas

Desaloxan varios inmobles en Tomiño por un escape nun depósito de gas

A rotura dunha tubaxe nun depósito de gas obrigou a desaloxar varios inmobles da Praza do Seixo, no concello de Tomiño.

Pasadas as tres e media da tarde, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar de que vían unha fuga nunha tubaxe dun depósito de gas e que, ademais, desprendía un forte cheiro.

Nese intre, os xestores do 112 informaron os Bombeiros do Porriño, ao GES da Guarda, á Garda Civil, aos membros de Protección Civil e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, por fósese necesaria a súa intervención

Xa no lugar, os axentes da Policía Local do municipio indicáronlle ao 112 Galicia que se trataba dunha fuga de gas dun depósito e confirmaron que non había ninguén afectado. Con todo, procederon a desaloxar os edificios da zona para evitar calquera risco.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxéronse os feitos en coñecemento da empresa distribuidora do gas, que enviou a un técnico ata o punto para comprobar a situación.

Ás 19:00 horas, os axentes da Policía Local informáronlle ao 112 de que xa non había fuga de gas nin risco para as edificacións e de que a xente xa podía regresar aos seus fogares. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES