O Porriño acolle o día 15 de xullo un obradoiro infantil de alimentación saudable impulsado pola Consellería do Mar

O obradoiro de alimentación saudable “Ti si que es un bo peixe” chega ao Porriño o vindeiro 15 de xullo. A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar en colaboración co Concello do Porriño, está dirixida aos cativos e cativas de entre 3 e 14 anos e é totalmente gratuíta.
O obxectivo principal desta actividade é fomentar o consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura entre a poboación infantil e xuvenil á vez que se conciencia sobre a necesidade de equilibrar as dietas neste sector da poboación.
A tal fin, dun xeito lúdico, daráselle información sobre 9 especies mariñas de amplo consumo en Galicia, e indicarase o seu hábitat, forma de recolección ou pesca e método de consumo. O vehículo condutor será a música, con cancións e coreografías deseñadas especialmente para esta campaña.
“O incremento do consumo de peixe e produtos do mar entre os máis cativos, polas súas importantes calidades nutricionais, preséntase como unha ferramenta eficaz para mellorar a súa dieta, xa que estes constitúen unha excelente fonte de nutrientes saudables”, explicou a concelleira Antía Carrera. “De aí a importancia de que fomentar o seu consumo entre eles”.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, animou aos nenos e nenas a participar desta actividade e “afondar no coñecemento das especies de peixe máis comúns e tamén do noso papel como consumidores á hora de preservar os recursos do mar”.

Inscrición previa

O obradoiro desenvolverase no Centro Cultural a partir das 09.30 h e as prazas son limitadas polo que se require inscrición previa enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

¿E ti, es de Tweet?