O Concello organiza "Mos coa lectura", un ciclo de presentación de libros que dará comezo o luns e prolongarse durante todo o mes

Os protagonistas serán Miriam C. Leirós, Beatriz Cabaleiro, Javier Baquero e Rosa Montenegro. Con esta iniciativa preténdese, segundo declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, “apoiar e impulsar aos escritores locais, que son moitos e moi bos; ao tempo que fomentamos a lectura entre a poboación de todos os rangos de idade e promocionamos o consumo de cultura local. É un orgullo para esta administración local contar no noso municipio cunha veciñanza tan activa a nivel artístico e cultural, neste caso enfocada á creación literaria, o que demostra que somos un pobo inquedo e con iniciativa, algo que debe ser reforzado desde o Concello, de ahí que decidiramos organizar este ciclo de promoción e apoio”.

A primeira das autoras será Miriam C. Leirós, natural da parroquia de Petelos, do barrio da Porteliña, que presentará o luns 10 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal, sita tamén na Porteliña, o seu libro infantil Los secretos de los cuentos clásicos (Archivos desclasificados) con ilustracións de Paloma Corral.

Continuando co público infantil, o segundo título do ciclo vai dirixido tamén aos máis pequenos. Trátase de Clover, unha porquiña diferente, autoría de Beatriz Cabaleiro que presentará a súa obra o 16 de maio ás 12.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos.

Logo será a quenda do historiador e etnógrafo, veciño da parroquia de Dornelas, Javier Baquero, que tras dúas obras previas sobre historia de Mos, presenta agora un terceiro título co nome de Aclaraciones históricas del ayer y hoy de Mos. A presentación celebrarase o domingo 23 de maio, ás 11.30 horas, nos exteriores do Local Social de Dornelas.

Por último, Rosa Montenegro Bernárdez presentará no Centro Dotacional de Torroso a súa obra El yo y sus metáforas, será o 27 de maio ás 19.00 horas.

¿E ti, es de Tweet?