lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasLouriñaColisión múltiple na autovía A-55 entre Mos e Porriño

Colisión múltiple na autovía A-55 entre Mos e Porriño

A pesares do aparatoso accidente no que se produciron danos materiais de consideración non se rexistraron persoas feridas

Eran pouco máis das 14.00 horas cando o 112 Emerxencias Galicia recibía o aviso de varios particulares alertando dun accidente na autovía A-55 entre os termos municipais de Porriño e Mos, no punto quilométrico 14 en dirección Tui, á altura da saída «Porriño centro». Dende un primeiro momento as informacións recibidas apuntaban a unha colisión múltiple por alcance na que se viron implicados varios vehículos e incluso un camión.
Dende o 112 mobilizouse a Urxencias Sanitarias pero axentes da Garda Civil de Tráfico que acudiron ao lugar confirmaron que non había persoas feridas, máis alá dalgunha que puidese precisar asistencia sanitaria por mor dun ataque de nervios.
Os equipos de emerxencias do Concello de Mos desprazados ao lugar, xunto coa Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, traballan no restablecemento do tráfico, pois o accidente está a producir retencións na zona.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES