sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMos celebra a segunda sesión da Mesa de Saúde

Mos celebra a segunda sesión da Mesa de Saúde

Tratáronse temas como a alimentación saudable e primeiros auxilios na escola, educación sexual e discapacidade, e a rehabilitación do solo pélvico.

 

Mos celebrou a 2ª sesión ordinaria da “Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde” (Mesa creada e constituída en marzo do ano pasado) no salón de actos da Axencia de Colocación, coa asistencia da concelleira de Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e a de Educación, Julia Loueiro.

No orde do día abordouse  a probación da acta anterior, a avaliación dos talleres almorzos saudables na escola, a exposición do taller de “primeiros auxilios na escola” dirixido ao profesorado, a elaboración dunha intervención comunitaria para dar resposta a necesidade detectada no Centro Residencial Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa de Mos, a necesidade detectada no centro de saúde, sobre a prevención e rehabilitación do suelo pélvico e rematouse coa rolda de rogos e suxestións por parte dos participantes da mesa.

Esta mesa coordinadora de programas municipais, é un espazo no que sentan diferentes axentes de saúde da comunidade: representación municipal, representación educativa, membros de asociacións, representación sanitaria, farmacia, traballador social, cidadáns…e un longo etc.

O obxectivo é traballar de forma coordinada e en equipo para dar a resposta máis efectiva ás necesidades de saúde da poboación de Mos. A existencia desta mesa favorece a acción intersectorial, que consiste en sumar esforzos (sinerxias) co propósito de desenvolver accións para lograr resultados en saúde, de maneira máis eficaz que os que se logran actuando de forma individual. As necesidades de saúde poden ser detectadas por calquera dos ámbitos comunitarios: concello, asociacións, colexios…e serán ditas necesidades as que establezan a composición da mesa.

Como se dixo, os temas tratados na sesión de hoxe foron a avaliación do taller almorzos saudables na escola: exposición das conclusións do taller, establecer planificación do curso 2021/2022, introducir hábitos saudables de hixiene bucodental, suxerencias da mesa. A exposición do taller “primeiros auxilios na escola” dirixido ao profesorado. Dar a coñecer o material e o método empregado e avaliación dunha pilotaxe que levou a cabo nun colexio doutra zona de saúde. A elaboración dunha intervención comunitaria para dar resposta a unha necesidade detectada relativa á educación sexual dirixida a un grupo de mulleres do Centro Residencia Ocupacional Escravas Virxe Dolorosa de Mos para o que se crearon grupos de traballo.

Tamén se abordou a necesidade detectada polo equipo do centro de saúde de fomentar a educación para a saúde en relación coa prevención e rehabilitación do chan pélvico para previr e/ou tratar a incontinencia urinaria en mulleres. Priorizando este problema de saúde pola súa elevada magnitude (prevalencia na poboación feminina), transcendencia (gravidade bio- psico-social), vulnerabilidade (trátase dun problema prevenible ou de fácil intervención se se diagnostica e trata de forma precoz) e baixo custo-efectividade.

Obradoiro sobre alimentación polo Día Mundial contra a Obesidade

Ademais, relativo ao Día Mundial contra a Obesidade que se conmemora o 4 de marzo, acordouse organizar un taller sobre alimentación, tamén de marzo con motivo do Día Internacional Muller (8 de marzo) levarase a cabo un taller de solo pélvico, e polo Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril, organizaranse en colexios e instituto charlas sobre alimentación saudable e prevención dos trastornos alimenticios como a anorexia ou a bulimia.

Ademais do equipo de atención primaria do Centro de Saúde de Mos (enfermería, matrona e medicina) nesta segunda Mesa participaron as mencionadas edís, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, en representación da administración local, o director do Centro Residencia Ocupacional Escravas da Virxe Dolorosa de Mos, a Psicóloga do CIM de Mos e representantes dos centros educativos mosenses.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES