Está prevista a súa reapertura este martes 6 de abril pero os dos gobernos, o español e o portugués, decidiron prolongar o peche das súas fronteiras terrestres ata o 17 de abril. Os traballadores transfronteirizos, os máis prexudicados.

A ponte internacional de Tui seguiría aberta as 24 horas cos controis fronteirizos existentes ata agora, nos que só se permite cruzar por motivos xustificados como laborais ou de residencia.

As pontes de Arbo-Melgaço e Salvaterra-Monçao estarán abertas tamén só para cruzar por motivos xustificados entre as 7.00 e as 10.00 horas e as 18.00 e as 21.00 horas.

Son quince días máis de peche de fronteiras terrestres.

Portugal atópase en fase de desescalada logo de tres meses de duro confinamento.

Poden acceder a España os cidadáns españois e o seu cónxuxe ou parella coa que manteñan unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público, así como aqueles ascendientes e descendentes que vivan ao seu cargo, sempre que viaxen con ou para reunirse con este

Tamén poderán cruzar a fronteira os que residan en España, aínda que será necesario que acrediten a súa residencia habitual, do mesmo xeito que os estudantes que cursen os seus estudos en España, os residentes noutros países membros da Unión Europea (UE) ou asociados a Schengen que se dirixan á súa residencia habitual.

Así mesmo, accederán a España quen vaian transitar ou permanecer no territorio por motivos exclusivamente laborais, unha categoría na que se inclúen os traballadores transfroterizos, os sanitarios e os do transporte, en tanto que tamén están autorizados os que documenten causas de forza maior, necesidade ou motivos humanitarios.

O persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas oficinas consulares e organismos internacionais tamén poderán cruzar a fronteira, sempre que se trate de desprazamentos vinculados ao desempeño das súas funcións, do mesmo xeito que os participantes en viaxes de Estado e os membros de Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas.

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?