sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísSoben os contaxios diarios e os ingresos na UCI en Galicia

Soben os contaxios diarios e os ingresos na UCI en Galicia

Galicia volveu rexistrar máis dun cento de novos contaxios de COVID-19 na última xornada, concretamente 112 novos positivos, subindo a 2.174 os seus casos activos (+4). Hospitalizadas hai 219 persoas, 32 delas en UCI.

En Galicia hai actualmente 2.174 galegos e galegas diagnosticados de COVID-19, son 7 máis que na última xornada. Subiron os casos nas áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Pontevedra. E baixaron nas que están á cabeza: A Coruña e Vigo.

A Coruña: 695 (-15)

Vigo: 577 (-4)

Santiago: 285 (+12)

Pontevedra: 246 (+13)

Ourense: 146 (+2)

Lugo: 133 (-1)

Ferrol: 92 (-4)

Nos hospitais de Galicia hai 219 persoas ingresadas: En planta 187 (+8) e na UCI 32 (-2).

Os falecementos desde o inicio da pandemia ascenden xa a  2.352 mortos.

O comité clínico que asesora á Xunta reúnese mañá e poderá decidir cambios nas restricións dalgúns concellos nos que subiu a incidencia a 7 días.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES