Venres, Febreiro 6, 2026
HomeComarcasÁrea de VigoSoutomaior e Pazos de Borbén compartirán un educador familiar

Soutomaior e Pazos de Borbén compartirán un educador familiar

O alcalde de Soutomaior, o nacionalista Manu Lourenzo, e o rexedor de Pazos de Borbén, Xosé Luciano Otero de Alternativa Veciñal, veñen de asinar un convenio de colaboración para a contratación dun educador ou educadora familiar que estará compartida polos dous concellos.

Deste xeito, Soutomaior incorporará ao seu Centro de Benestar Integral este profesional que “se sumará aos Servizos Sociais e ao Centro de Información da Muller”, segundo apuntan dende a administración local.

O concello de Soutomaior explica que “para levar a cabo esta contratación empregaranse fondos municipais de Soutomaior e Pazos de Borbén, que asumen o 60% e o 40% da achega municipal respectivamente”. Uns fondos que “supoñen dous terzos do custo total do servizo aos que se suma unah achega da Deputación de Pontevedra, que completa a totalidade do custo”.

O rexedor nacionalista, Manu Lourenzo, apunta que “é un acordo co que melloramos a vida dos veciños e das veciñas e qeu servirá para que aquelas persoas que o precisen teñan acceso de maneira gratuíta a une dicador ou educadora familiar”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS