O Concello de Nigrán dipón dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro é nun terreno municipal e dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial e onde se situaba precisamente o primeiro leiraparking municipal que tivo o Concello).
«Lamentamos as molestias que ocasionou este peche durante catyro días e dispomos de alternativa nun espazo municipal igual de céntrico», explica González, quen avanza que «adicionalmente» desde o Concello estamos na procura de novos espazos tamén céntricos e nun espazo de máis de 2.500m2″.
«Ter un espazo gratuíto de aparcamento disuasorio no centro urbano de Nigrán é algo indispensable porque beneficia a toda a veciñanza e repercute directamente no comercio da zona, máxime agora en tempada estival que multiplicamos a poboación e se agrava o problema de aparcar», engade.
Este leiraparking súmase ao aparcadoiro público e 100% gratuíto da Ramallosa (rúa Argonautas, ao carón da piscina) que o goberno local conseguíu remunicipalizar mediante a súa xestión directa e abrir en xaneiro de 2022 tras 5 anos pechado. Ademais, o rexedor subliña o Nigránbus como outra medida de mobilidade sostible, operando por vez primeira este verán e que conecta as parroquias do interior cos principáis núcleos urbanos, «unha medida que busca precisamente que deixemos o coche na casa e nos movamos en transporte colectivo», sintetiza.