A Xunta Electoral Central vén de ampliar o prazo para depositar o voto por correo para as eleccións xerais do 29 deste mes, ata o vindeiro xoves, 26 de novembro, tres días antes da xornada electoral.
O prazo amplíase para todos os electores que se atopen en España e nos horarios habituais de apertura das oficinas de Correos, como máximo ata as 14:00 horas, segundo informou este venres nun comunicado a empresa postal.
Este prazo finalizaba inicialmente o mércores, 25 de novembro, pero coa decisión de ampliación adoptada, os cidadáns que solicitasen exercer o dereito ao voto por correspondencia dispoñerán de máis tempo para depositalo.
Correos destacou que “extremará a dilixencia” para asegurar que os sobres co voto poidan entregarse o día da votación nas respectivas mesas electorais, dentro dos prazos legalmente establecidos.

