HomeNewsActualidadeA Caniza  renova o mantemento do céspede artificial do campo de fútbol de...

A Caniza  renova o mantemento do céspede artificial do campo de fútbol de Augas Férreas

O Concello da Caniza volveu realizar este ano os traballos de mantemento e conservación do céspede artificial do campo de fútbol de Augas Férreas, co obxectivo de garantir unhas condicións óptimas de xogo e seguridade para todos os deportistas que utilizan esta instalación municipal.

A actuación, realizada a finais do mes de outubro pola empresa especializada Ginkgo Sports Turf & Gardens, por un importe de  1.331 euros, dá continuidade aos traballos de mantemento que se veñen desenvolvendo nesta infraestrutura deportiva dende a súa reforma e reposición integral desenvolvida polo Concello en 2024, coa finalidade de prolongar a vida útil do céspede artificial e asegurar o seu correcto estado.

Os traballos comprenden o descompactado, o cepillado e a distribución homoxénea do caucho existente no terreo de xogo, así como a limpeza da superficie para retirar pequenos elementos metálicos ou outros obxectos que poidan ocasionar lesións aos usuarios.

Para a realización destas tarefas emprégase o TurfRob, un robot deseñado especificamente para o coidado e mantemento de campos de céspede artificial, desenvolvido en Alemaña e probado intensamente tamén en España desde 2021.

Este equipamento dispón de GPS de alta precisión, contrólase a través dunha aplicación móbil e funciona con baterías recargables, o que permite realizar os traballos cun sistema eficiente e respectuoso co medio ambiente.

O alcalde da Caniza, Luis Piña, asegurou que “a utilización deste sistema contribúe a manter un campo máis seguro e uniforme, reducir as necesidades de reparación e prolongar a vida útil do céspede artificial, optimizando así o investimento realizado polo Concello en 2024 por un importe de 602.421,61 euros”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS