HomeConcellos +A CanizaO Concello da Caniza incorpora sete novas desbrozadoras ao parque de maquinaria...

O Concello da Caniza incorpora sete novas desbrozadoras ao parque de maquinaria municipal

O Concello da Caniza vén de recepcionar sete desbrozadoras de man da marca Husqvarna, que se incorporarán ao parque de maquinaria municipal para reforzar os traballos de limpeza, roza e mantemento de cunetas, fincas, montes e outras zonas con maleza.

O subministro foi adxudicado á empresa Maquinaria Agrícola Carpintero, S.L., por un importe de 6.310,15 euros, IVE incluído. A adquisición forma parte do proxecto municipal de compra de maquinaria e equipamento para a protección do medio ambiente e do espazo natural, que conta cunha subvención de 78.869,23 euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia para o ano 2026, importe máximo subvencionable na liña non competitiva do Fondo que lle corresponde ao Concello por contar con  eólicos no territorio.

“A adquisición destes equipos permitirá mellorar as dotacións existentes e pasarán a incorporarse ao inventario municipal de bens”, asegura o alcalde, Luis Piña.

As sete unidades recibidas corresponden ao modelo Husqvarna 545RX, unha desbrozadora profesional deseñada para realizar traballos esixentes de roza e recorte de vexetación.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS