HomeNewsActualidadeSalvaterra saca a licitación as obras de mellora no Espazo Lúdico Termal...

Salvaterra saca a licitación as obras de mellora no Espazo Lúdico Termal de Teáns

O Perfil do Contratante do Estado publicita a licitación para presentar ofertas da obra de “Acondicionamento e mellora do Espazo Lúdico Termal de Teans” ata o 12 de outubro.

Trátanse dunhas obras financiadas pola Consellería de Economía e Industria a través das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora da instalación dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia. A achega conta cun importe de 86.055,20 euros da Consellería, que se suman aos 26.837,80 euros que aporta o Concello de Salvaterra de Miño.

A obra está dividida en tres lotes, por unha banda a adquisición e instalación de sistemas de bombeo, concretamente de tres bombas sumerxibles. Por outro lado, a adecuación de vestiarios, duchas e aseos, coa instalación dunha climatización en todo o recinto para reducir as variacións de temperaturas entre o interior e exterior e evitar a condensación de vapor. O último lote desta obra está dirixido na mellora da calidade das augas usadas para o baño, dotando as pozas dun sistema de raios ultravioletas que reforzarán todas as medidas hixiénicas uqe se levan a cabo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS