O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, vén de anunciar este mesmo luns que disolve as Cortes Generales e convoca eleccións para o vindeiro 29 de novembro. Os feitos prodúcense tras a derogación dos decretos de vivenda o venres pasado, onde o actual presidente xa aseverara que se plantexaba convocar eleccións se non saían adiante.
A convocatoria activa o calendario previsto pola Ley Orgánica del Régimen Electoral General (LOREG), que establece que, en caso de disolución anticipada, os comicios deben celebrarse 54 días despois da convocatoria.
Campaña electoral
A campaña electoral comezará de forma posterior ao día 38 da convocatoria, ten unha duración de 15 días e remata ás 00:00 do día inmediatamente anterior ás votacións.
Deste xeito, cunha convocatoria previstamente publicada o 6 de outubro, a campaña electoral dará comezo o 13 de novembro e rematará ás 00:00 horas do 28 de novembro.

