O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de anunciar que o principal acceso á cidade olívica, a través da Avenida de Madrid, contará cunha mediana que será un “gran xardín“. O rexedor explicou que este xardín terá dous metros de ancho.
Esta nova forma parte das obras de reforma da avenida, que entra nunha das súas etapas máis decisivas e que conta cunha inversión total de case 17 millóns de euros. O alcalde sinalou no seu comunicado que as tarefas actuais se centran na colocación dos colectores subterráneos.
En canto remate esta fase, procederase á colocación da cuberta onde se acondicionará esa gran zona axardinada, que ademáis, contará con sistema de iluminación propio.
A maiores, Caballero informou que as obras tamén avanzan a “bo ritmo” na zona alta da rúa, na contorna de Praza España e San Roque, onde se están creando aceras con losetas e bordes.

