HomeNewsActualidadeA Xunta licita o subministro dun novo ecógrafo para a unidade de...

A Xunta licita o subministro dun novo ecógrafo para a unidade de oncoloxía do Meixoeiro

O Portal de Contratos da Xunta publica hoxe, a licitación, por importe de 50.820 euros, da subministración dun ecógrafo con destino á unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro de Vigo. 

O expediente recolle a “necesidade de garantir a continuidade asistencial desenvolvida nesta Unidade, coa dispoñibilidade de equipamento electromédico especificamente adaptado aos procedementos diagnósticos e terapéuticos” que se levan a cabo nela.

Así, o ecógrafo que se licita permite realizar, por unha banda, braquiterapia de próstata de alta e baixa taxa de dose calculada e guiada en tempo real por imaxe de ecografía transrectal. Por outra, serve para facer braquiterapia de cérvix, na que se emprega ecografía abdominal como guía por imaxe do implante en quirófano. 

Deste xeito, poderanse realizar exploracións abdominais (incluíndo a vascular abdominal), vasculares, urolóxicas, de partes brandas ou xinecolóxicas e de fertilidade.

As empresas interesadas neste procedemento teñen de prazo ata o dous de outubro para presentar as súas ofertas. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS