HomeNewsActualidadePonteareas condena nunha concentración o matricidio dunha veciña

Ponteareas condena nunha concentración o matricidio dunha veciña

Un cento de persoas reúnense diante do consistorio mentres o fillo permanece arrestado á espera de pasar a disposición xudicial e o subdelegado do Goberno denuncia o abandono institucional

Un cento de veciños e representantes institucionais concentráronse este mediodía diante da casa do concello de Ponteareas para condenar o asasinato de María Livia Conde Souto, presuntamente a mans do seu fillo. O sospeitoso continúa detenido nas dependencias da Garda Civil e prevese que pase a disposición xudicial durante a xornada de mañá, martes, mentres a investigación segue aberta para esclarecer os detalles do suceso.

O acto de rexeitamento estivo presidido polo teniente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, quen expresou en nome do goberno local a profunda consternación da corporación e a disposición municipal a colaborar coas autoridades xudiciais. A concentración contou tamén coa presenza de membros da corporación local, axentes da Policía Local e efectivos da Garda Civil, aínda que a rexedora, Nava Castro, non puido asistir ao atoparse de viaxe institucional en Brasil.

Críticas ao sistema sociosanitario

A convocatoria municipal contou coa participación do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen aproveitou a concentración para poñer o foco no desamparo que sofren as familias e coidadores de persoas con patoloxías psiquiátricas. Losada criticou duramente a xestión do sistema sociosanitario galego e lembrou que a Subdelegación xa trasladara á Xunta hai un ano a preocupación pola falta de recursos asistenciais e a inoperancia da Funga na tutela de adultos con incapacidades.

Asimismo, o representante do Executivo estatal lamentou que nos últimos dous anos se rexistrasen na provincia pontevedresa varios homicidios vinculados a pacientes psiquiátricos violentos, na súa maioría mulleres que asumían as labores de coidado dos agresores. Tras estes antecedentes, reclamou unha revisión profunda dos recursos dispoñibles en centros de día, residencias e listas de espera psiquiátrica na área sanitaria.

Fontes: La Voz de Galicia, Concello de Ponteareas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS