Con motivo das obras que se están levando a cabo para a humanización da travesía interior de Santa Cristina, a partir deste luns, 14 de setembro, introduciranse modificacións no sentido da circulación en diferentes puntos da zona.
En concreto, modificarase o sentido da circulación actualmente existente na Avenida Julián Valverde, na intersección con José Pereira Troncoso, á altura da cafetería Sabariz, en dirección á Praza Victoria Cavadal, que pasará a contar cun único sentido de circulación.
Así mesmo, o tramo comprendido entre a Glorieta General Satnos Peralba e Victoria Cadaval e Belesar, pasará a dispoñer de dobre sentido de circulación.
Os puntos nos que se produzan os cambios de trazado estarán debidamente sinalizados mediante sinalización circunstancial, co obxectivo de facilitar a circulación e garantir a seguridade de conductores e peatóns durante o desenvolvemento dos traballos.
Dende o goberno local recomendan aos usuarios “extremar a precaución, prestar atención á sinalización e adaptar a circulación as novas condicións de tráfico mentres permanezan en execución as obras”. Ao tempo “piden desculpas a conductores e usuarios da vía” polas molestas causadas, asegurando que “son necesarios para mellorar e poñen en valor a contorna urbana de Santa Cristina”.

