A oficina de Correos de Tui xa ten dispoñible o novo selo conmemorativo adicado a un dos símbolos máis universais do Camiño de Santiago: a cuncha amarela. Con esta emisión, Correos pon en valor esta imaxe que se converteu nun dos referentes internacionais da Ruta Xacobea e que identifica a peregrinación a Compostela en calquer parte do mundo.
A cuncha amarela sobre fondo azul foi creada a finais dos anos 80 a petición do Consello de Europa polo artista plástico e deseñador gráfico Pedro García-Ramos. As estrías da cuncha simbolizan os trazados das diferentes rutas xacobeas europeas e a súa confluencia nun punto situado ao oeste: Santiago de Compostela.
O selo conmemorativo ten Tarifa B, polo que é válido para envíos a Euripa. Esta emisión ven en packs de 5 e, ademais de na oficina de Tui, tamén está dispoñible noutras oficinas referentes do Camiño Portugués e online en Correos Market. Tamén no Servizo Filatélico no email atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 915 197 197.
Os TUSELLO do Camiño de Santiago están dirixidos a coleccionistas, público en xeral e aos peregrinos que teñen a súa disposición os servizos de El Camino con Correos, como o transporte de mochilas etapa a etapa, o envío de bicicletas e maletas, a consigna en Santiago ou a tarxeta prepago Mastercard.
Toda a información sobre o selo, a guía e os servizos do Camiño de Santiago, poden atoparse en www.elcaminoconcorreos.com.

