HomeConcellos +A CanizaAdministración, informática e mantemento de vehículos: os tres ciclos que oferta o...

Administración, informática e mantemento de vehículos: os tres ciclos que oferta o IES da Cañiza

O IES da Cañiza, ubicado no Concello da Caniza, ten aínda o prazo aberto para o alumnado que desexe inscribirse nun dos tres ciclos que oferta o centro formativo. O centro impartirá tamén un cuarto, un FP de Grao Medio en Electromecánica de vehículos, que xa conta coa totalidade das súas prazas completas.

O Instituto propón tres ciclos, dous en modalidade FP Básica e un en Grao Medio, que habilitan ás persoas participantes para desempeñar un traballo relacionado coa súa formación. En concreto, o centro mantén os títulos de FP Básica en Informática de Oficina ou en Mantemento de Vehículos, así como un FP Grao Medio en Xestión Administrativa. O ciclo de Xestión Administrativa conta coa posibilidade de realizar as prácticas no estranxeiro.

Para maior información, as persoas interesadas poden porse en contacto co centro a través do teléfono 886 110 001 ou no correo electrónico ies.caniza@edu.xunta.gal .

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS