O Concello de Baiona vén de anunciar da continuidade das visitas guiadas gratuitas na vila durante o mes de setembro. Trátase dunha actividade de balde organizada a través da Concellería de Turismo.
A primerira das visitas terá lugar o xoves día 3 de setembro e o percorrido pasará polo centro histórico da vila. A seguinte terá lugar o martes día 8 e terá lugar polo Paseo de Monte Boi. O resto delas, que terán lugar os sábados 12, 19 e 26 de setembro, volverán percorrer o casco histórico do municipio.
As actividades comezarán ás 11:00 horas e contarán cunha duración aproximada de 90 minutos. O encargado de realizar a visita será un guía oficial de Galicia, e acompañará aos e ás participantes no percorrido a través do cal descubrirán lugares emblemáticos da localidade.
O aforo da actividade é limitado, polo que é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona ou no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal. O punto de partida, tras a confirmación das prazas, é o exterior da Oficina de Turismo.

