O Concello de Mos convida á veciñanza, especialmente ás familias e aos máis pequenos e pequenas, a participar na presentación e apertura do novo Parque da Pesqueira, unha nova zona de lecer pensada para o desfrute, o xogo e a convivencia ao aire libre.
A actividade terá lugar o 1 de setembro, ás 11:00 horas, no propio Parque da Pesqueira, nunha xornada aberta na que as familias poderán coñecer de primeira man as novas instalacións e gozar deste novo espazo.
O parque incorpora diversas zonas de xogos infantís e rocódromos, creando unha contorna pensada para que os nenos e nenas poidan divertirse, explorar e desenvolver diferentes habilidades a través do xogo e da actividade física.
Durante a xornada tamén se ofrecerá aos asistentes un petisco saudable, “completando unha mañá pensada para desfrutar en familia e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este novo espazo” aseguran dende o goberno local.
Desde o Concello de Mos destacan “a importancia de seguir creando e mellorando espazos públicos destinados ao lecer infantil e á convivencia, favorecendo que as familias dispoñan de lugares seguros e atractivos nos que pasar tempo xuntas e que os máis pequenos poidan xogar e realizar actividade física ao aire libre”.


