HomeNewsActualidadeMáis de 800 metros cadrados de colchonetas e tobogáns no Jump Kingdom...

Máis de 800 metros cadrados de colchonetas e tobogáns no Jump Kingdom de Ponteareas

Ponteareas acollerá esta fin de semana o parque de colchonetas inchables Jump Kingdom, un espazo de 800 metros cadrados con grandes tobogáns, pistas de obstáculos e diferentes percorridos para poñer a proba a habilidade e resistencia das persoas participantes.

A actividade terá lugar nas instalacións do CEIP Fermín Bouza Brey e abrirá as súas portas este venres en horario de 18:00 a 21:00 horas. A diversión continuará sábado 22 e domingo 23 con dúas sesións diarias de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

A actividade está pensada para público infantil e adulto, a partir dos 3 anos. No caso dos nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, deberán estar acompañados por unha persoa adulta responsable.

O prezo da entrada é de 12 euros por persoa, independentemente da idade. Para acceder ás atraccións será obrigatorio levar calcetíns antideslizantes. No caso de non dispoñer deles, poderán adquirirse no propio recinto por dous euros.

Jump Kingdom permanecerá en Ponteareas unicamente ata este domingo, polo que as familias interesadas terán tres días para achegarse ao Fermín Bouza Brey e desfrutar desta proposta.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS