O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra despregou un dispositivo especial con motivo da LXXIV Festa do Viño Albariño, que se celebrou entre o 29 de xullo e o 2 de agosto, na localidade pontevedresa de Cambados. O obxectivo do mesmo foi garantir a seguridade vial dos asistentes ao evento.
O dispositivo, no que participaron axentes de todas as unidades do Subsector de Pontevedra, e co apoio do Sector de Galicia, combinaron puntos de verificación de alcol e drogas, tanto estáticos como dinámicos; de verificación de velocidade, de inspección de transportes, así como varios puntos de regulación nos momentos de maior intensidade circulatoria.
Ao redor de 230 persoas foron denunciadas por conducir superando as taxas de alcol. Deles, 16 foron investigados pola vía penal como supostos autores de delito contra a seguridade vial ao superar as taxas legalmente establecidas. Ademais, un conductor foi investigado por negarse a someterse ás probas de detección de alcol e drogas, e outro conductor foi tamén r investigado por conducir con perda total dos puntos asignados.
En materia de transportes, ademais das insfraccións á normativa de tráfico, tramitáronse sete denuncias. Entre elas destaca a detección dun vehículo realizando transporte público de viaxeiros sen obter a correspondente licencia que o habilita para iso, o que se coñece coloquialmente como “taxis piratas”, enfrontándose o denunciado a sancións de 4.0001€.

