HomeNewsActualidadeMos define en Pleno os festivos locais para o ano 2027

Mos define en Pleno os festivos locais para o ano 2027

O Pleno do Concello de Mos aprobou por maioría, na sesión ordinaria celebrada esta semana a proposta dos dous festivos locais para o ano 2027.

As datas elixidas son a festividade da Festa da Rosa, o 13 de xuño, e o día de San Mamede, patrón de Mos, o 7 de agosto. Ao coincidir ámbalas dúas celebracións en fin de semana no vindeiro ano, os festivos trasladaranse aos luns inmediatamente posteriores.

Deste xeito, o festivo da Festa da Rosa celebrarase o luns 14 de xuño, ao caer o 13 de xuño en domingo, mentres que o festivo de San Mamede pasarase ao luns 9 de agosto, xa que o 7 de agosto coincide en sábado.

Con esta proposta, o Concello de Mos mantén dúas datas profundamente ligadas á tradición e á identidade do municipio. A Festa da Rosa constitúe unha das celebracións máis representativas de Mos, mentres que San Mamede é o patrón local e unha das citas máis arraigadas no calendario festivo do concello.

Trala aprobación plenaria, o Concello remitirá o acordo á Xunta de Galicia para a súa inclusión no calendario oficial de festas laborais locais de 2027.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS