A recadación fiscal en Galicia camiña cara a un novo máximo histórico despois de pechar o primeiro semestre do ano con 5.186 millóns de euros, o que supón un incremento do 18,3% en comparación co mesmo período do exercicio anterior. Tal e como informou a Axencia Tributaria, este repunte tradúcese en 801,8 millóns de euros máis, a razón de 4,4 millóns de euros adicionais cada día, nun contexto marcado polo dinamismo económico, o crecementos do PIB galego nun 2,7% interanual e a fortaleza tanto do emprego nas grandes empresas como das retribucións salariais.
O forte impulso dos ingresos tributarios atopa os seus principais motores no IRPF, que engordou un 10,3% en Galicia superando os 2.350 millóns de euros grazas ao incremento das retencións de traballo, mentres que o IVA achegou 2.109 millóns de euros cunha subida do 13,2%. Pola súa banda, o Impuesto sobre Sociedades multiplicouse de forma notable ata os 314,1 millóns impulsado polos beneficios empresariais, e as ganancias patrimoniais en fondos de inversión subiron un 23,3%, contrarrestando a caída do 19,6% nos Impuestos Especiales —especialmente o tributo sobre hidrocarburos e electricidade— provocada polas rebaixas fiscais vixentes para conter o impacto da crise enerxética internacional.

