Axentes do Corpo Nacional de Policía localizaron na mañá deste venres o corpo sen vida de Carmen López, a moza de 24 anos que levaba desparecida en Lugo desde o pasado 21 de xullo.
O dispositivo de busca retomouse a primeira hora da mañá coa participación de efectivos da Policía Nacional, Protección Civil, persoal municipal e familiares. O corpo foi achado en torno ás 11:00 horas desta mañá nunha zona arborada, na contorna do río Miño, e próxima a lugares que xa tiñan sido revisados durante días anteriores.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Científica co obxectivo de realizar a inspección ocular. Segundo relataron as fontes policiais, os primeiros indicios non apuntan a que existan terceiras persoas implicadas.

