HomeNewsActualidadeDetido un home de 47 anos en Cangas como presunto autor de...

Detido un home de 47 anos en Cangas como presunto autor de catro roubos con violencia e intimidación

A Garda Civil detivo a un veciño de Cangas, de 47 anos e nacionalidade española, como presunto autor de catro delitos de roubo con violencia, cometidos en distintos puntos do municipio entre os meses de novembro de 2025 e xullo de 2026.

A investigación, desenvolvida por axentes da Garda Civil, permitiu relacionar ao detido cunha serie de roubos que presentaban o mesmo modus operandi. O presunto autor seleccionada a vítimas especialmente vulnerables, aproveitando que se atopaban baixo os efectos do alcol ou presentaban algunha discapacidade, para subtraerlle as súas pertenzas empregando a violencia física e fuxindo do rapidamente do lugar.

O primero dos feitos tivo lugar o 8 de novembro de 2025, sobre as 4:00 horas, en Cangas. A vítima, un home de 50 anos que se atopaba sentado nun banco de pedra fronte a unha entidade bancaria, foi sorprendida polo autor, quen circulaba en bicicleta e lle arrebatou o bolso dun forte tirón.

Posteriormente, o 1 de febreiro de 2026, aorredor da 1:00h, noutra rúa, o investigado abordou a outro home que tamén se atopaba en estado de embriaguez. Tras suxeitarlle e torcerlle un brazo, tirouno ao chan para levar a carteira que levaba nun peto, causándolle lesións que quedaron acreditadas mediante un parte médico. Nesta ocasión, o autor fuxiu do lugar nun patinete eléctrico.

O terceiro roubo produciuse o 13 de xuño de 2026, sobre as 20:20h, tamén no municipio pontevedrés. Segundo a investigación, o detido golpeou e derribou a outro home en estado de embriaguez, apoderándse dos cartos que portaba e dunha caixa de tabaco. A vítima sufriu lesións que tamén aportou parte facultativo.

Finalmente, o 5 de xullo de 2026, ás 05:40 horas, nunha rúa céntrica, o detido atacou pola espalada a un home cunha discapacidade recoñecida, tirándoo ao chan para subtraerlle unha faldriqueira que contiña diñeiro e documentación persoal. O autor fuxiu en bicicleta.

O presunto autor foi detido ás 14:00h deste pasado xoves 30 de xullo. Tras a práctica das dilixencias policiais e de conformidade co establecido no artículo 520 da Lei de Enxuizamento Criminal, quedou en liberdade unha vez transcorrido o tempo mínimo de detención, ao contar con domicilio coñecido, arraigo social e comprometerse a comparecer ante a autoridade xudicial sempre que sexa requirido.

Durante a investigación, os axentes levaron a cabo numerosas xestións, entre elas as manifestacións de testigos así como a recuperación de parte dos efectos subtraídos. A maiores, no esclarecemento dos roubos, foi fundamental a colaboración da Policía Local de Cangas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS