O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a declaración de novas zonas de mercado tensionado no ámbito do alugueiro, entre as que se atopan Santiago de Compostela, Basauri (País Vasco) e zonas de Asturias.
Santiago de Compostela incorporarase a partir deste xoves a unha listaxe en que, na comunidade galega, xa figuraba a cidade da Coruña, que foi declarada zona de mercado residencial tensionado hai un ano.
A proposta inicial presentada polo Concello de Santiago para declarar todo o municipio como zona tensionada foi devolta pola Xunta o pasado verán, ao considerar que non se achegara correctamente toda a documentación requirida. Con todo, o Goberno local volveu presentar a solicitude, incorporando información e as enmendas solicitadas. Finalmente, o goberno galego deu o visto e prace en abril deste mesmo ano, permitindo avanzar na tramitación da declaración.
A medida terá unha vixencia inicial de tres anos e ofrecerá á cidade “unha ferramenta moi importante para garantir o dereiro dos veciños e veciñas de Santiago a unha vivenda digna” aseguraba a alcaldesa do municipio, Goretti Sanmartín.
“A partir de agora vanse a aplicar tres tipos de medidas: de contención do prezo do alugueiro, de incentivos fiscais no IRPF para os arrendamentos de vivenda que cumpran certas condicións, e de maior acceso a axudas do pan estatal de Vivenda“, lembrou a rexedora.

