O Concello de Baiona vén de informar que, con motivo da celebración da Festa da Anunciada 2026, poñerase en marcha un dispositivo especial de seguridade e regulación do tráfico que permanecerá activo dende as 23:30 horas do sábado 1 de agosto ata as 00:30 horas do domingo 2 de agosto.
Durante o horario do operativo, procederase ao corte total do tráfico rodado na estrada PO-552, no tramo comprendido entre a rotonda do Porto Pesqueiro (PK 16,400) e a rotonda do Villarosa (PK 17,000), situada á altura da intersección coa estrada EP-2202.
O acceso ao Club Náutico Monterreal, ao aparcamento da Palma e ao Parador realizararase exclusivamente a través da rotonda do Porto Pesqueiro. Os desvíos de trafico realizaranse a través das estradas EP-2201, EP-2202 e EP-2203, así como por outros viais secundarios.
Ao mesmo tempo, solicítase a colaboración dos bañistas para que deixen libre a praia Ribeira antes das 18:00 horas do sábado 1 de agosto, co obxectivo de facilitar a instalación do espectáculo pirotécnico por parte da empresa responsable dos fogos de artificio.

