HomeNewsActualidadeMáis de 60.000 afectados e 286 vivendas danadas polos incendios no centro...

Máis de 60.000 afectados e 286 vivendas danadas polos incendios no centro peninsular

O Goberno central asume a dirección das tarefas de extinción nunha situación cualificada de "dramática", mentres a UME solicita axuda á Unión Europea e Italia e Grecia envían medios aéreos

A vaga de incendios que azouta o centro de España deixou xa máis de 60.000 persoas afectadas, 286 vivendas danadas e unhas 15.000 hectáreas queimadas, nuns focos localizados principalmente entre Madrid e Ávila que as autoridades cualifican de “incontrolables”. Tal e como informou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, trátase dunha situación “dramática” que levou ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, a decretar a emerxencia de interese nacional para que o Executivo central asuma o mando das labores de extinción. Ante a magnitude da catástrofe, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) pediu a colaboración da Unión Europea, obtendo o envío de catro medios aéreos por parte de Italia e Grecia.

Os focos máis perigosos concéntranse na zona centro. Na Comunidade de Madrid, un incendio iniciado en Almorox (Toledo) uniuse ao de San Martín de Valdeiglesias para arrasar máis de 6.000 hectáreas. A presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso, alertou de que sefrontan ao “peor” incendio da historia da rexión, o que motivou a evacuación de miles de veciños de localidades como Navas del Rey, Chapinería, Colmenar del Arroyo, Aldea del Fresno ou Villa del Prado. Pola súa banda, na provincia de Ávila, o lume de Burgohondo calcinou xa 9.000 hectáreas e obrigou a desaloxar a máis de 5.000 veciños, afectando á Reserva Natural do Valle de Iruelas, mentres a Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outra como presuntas autoras.

Incidencias noutras comunidades

A crise forestal estendeuse tamén a outros puntos do territorio. En Aragón, o incendio de La Cerollera (Teruel), orixinado posibelmente dunha colilla, vese dificultado por refachos de vento de ata 40 quilómetros por hora. En Castela e León, a baixada de temperaturas axuda no foco de Murias de Ponjos (León), que calcinou máis dun milleiro de hectáreas e mantén desaloxados a 37 veciños. En Andalucía, a Xunta decretou o nivel 1 de emerxencia en Alosno (Huelva) e en Cerro Muriano (Córdoba), este último orixinado presuntamente nun camión cargado de paja e que obrigou a desalojar preventivamente a urbanizacións próximas. Finalmente, en Castela-La Mancha, a evolución permitiu baixar a nivel 1 o incendio de La Mierla (Guadalajara) tras arrasar máis de 32.000 hectáreas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS