HomeO PaísA CoruñaMorre calcinado un home de 52 anos a causa dun incendio no...

Morre calcinado un home de 52 anos a causa dun incendio no alpendre onde realizaba traballos de carpintaría

Un home de 52 anos faceleu nun incendio ocasionado no Concello da Baña en torno ás 3:50 da madrugada, segundo informou o 112 Galicia.

O lume destruíu o alpendre onde o home realizaba traballos de carpintaría. Os Bombeiros de Santa Comba atoparon o cadáver do home ao comezar coas labores de extinción do lume que se iniciara de medrugada nunha vivenda situada no Sino, no Concello de Baña.

Segundo relataron os veciños nas chamadas ao 112 Galicia, a casa estaba habitada por unha nai e o seu fillo. Á chegada dos servizos de emerxencias, a señora estaba fóra da vivenda, mentres que o fillo non foi localizado. Momentos máis tarde, o equipo de extinción atopou o corpo sen vida dun home no interior do cuberto en chamas.

A maiores dos bombeiros, dende o 112 solicitouse tamén asistencia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para atender á muller que precisou de axuda médica. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS