Coa Selección Española nas semifinais do Mundial 2026, son varias as institucións públicas que se suman a mostrar o seu apoio ao equipo coa instalación de pantallas xigantes en prazas e espazos públicos.
Así, este martes 14 de xullo ás 21:00 horas diferentes espazos gozarán da instalación dunha pantalla xigante onde os e as asistentes poderán visualizar as seminifais da Copa Mundial 2026 de España contra Francia.
Trátase dunha forma de vivir o mundial en convivencia ao tempo que incentivan á xente á saír á rúa, beneficiando ao comercio e hostalaría local.
Estas serán as pantallas xigantes que estarán instaladas en diferentes lugares de Vigo e a súa área metropolitana:
- Ponteareas – Praza Maior
Tui– Praza da Inmaculada
Mos – Pazo de Mos
O Porriño – Praza do Concello
A Guarda – Carpa do Porto
Baiona – Pavillón Municipal de Deportes
Vigo – Castrelos e Praza da Estrela

