HomeNewsActualidadeDúas persoas tiveron que ser excarceladas tras impactar o seu vehículo contra...

Dúas persoas tiveron que ser excarceladas tras impactar o seu vehículo contra un muro en Salvaterra de Miño

Dúas persoas tiveron que ser excarceladas esta mañá, tras impactar o seu vehículo contra un muro na parroquia de Oleiros, en Salvaterra de Miño. No accidente, viuse implicado outro vehículo, unha furgoneta de reparto de pan, que bateu contra o primeiro coche e cuxo conductor tamén precisou asistencia.

Segundo informa o 112 Galicia, no interior do turismo ían dúas persoas, que, tras o impacto, quedaron encaixadas contra o taboleiro de mandos do coche.

Debido á situación, foi necesaria a intervención dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, que se ocuparon da liberación das súas persoas e posta a disposición do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia 0-61 para recibir os primeiros coidados.

A colisión produciuse pouco antes das oito desta mañá no lugar de A Chan da Goia, en Salvaterra de Miño, onde acudiron, ademais, os axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS