HomeNewsActualidadeA Deputación de Pontevedra lanza novas visitas guiadas á Estación Fitopatolóxica Areeiro

A Deputación de Pontevedra lanza novas visitas guiadas á Estación Fitopatolóxica Areeiro

A Deputación de Pontevedra vén de reactivar o seu programa de visitas guiadas á Estación Fitopatolóxica Areeiro. Deste xeito, estas instalacións ábrense unha vez máis ao público co fin de que a cidadanía coñeza tanto o traballo que se está a facer nas mesmas como os seus xardíns. Nas súas preto de seis hectáreas de superficie, conta con plantacións piloto de froiteiras, a colección de camelias da Deputación (con máis de mil exemplares), a primeira plantación de té de Galicia, un xardín de aromáticas e outras especies vexetais de interese.

As visitas son gratuítas e están abertas a grupos de entre 2 e 30 persoas. As persoas encargadas de realizalas son guías habilitadas co título de guía turístico de Galicia e realizaranse os martes e xoves de 9:00 a 14:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas, cunha duración aproximada de dúas horas. Unicamente se poderá realizar unha visita por persoa ou grupo ao ano e pódense solicitar desde xa cubrindo o formulario dispoñible na páxina web da Estación Fitopatolóxica Areeiro, cunha antelación mínima de dous días naturais. No caso de que participen menores, deberán estar acompañados dunha persoa adulta (nai, pai ou titora) e contar coa autorización asinada no caso de que se trate dunha visita escolar.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS