HomeNewsActualidadeMos organiza unha nova recollida de "basuraleza" polo Día Mundial do Medio...

Mos organiza unha nova recollida de “basuraleza” polo Día Mundial do Medio Ambiente

O Concello de Mos súmase un ano máis á campaña LIBERA “1m² contra a basuraleza” cunha nova xornada de recollida de residuos abandonados en espazos públicos, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o 5 de xuño.

A actividade desenvolverase o sábado 6 de xuño, ás 10:00 horas, de maneira simultánea en tres puntos do municipio: Na N-550 en Ameirolongo; na N-550 en Mos, xunto a entreda do Polígono da Veigadaña; e na vía de servizo da autovía, na contorna do Concello.

Con esta iniciativa “búscase chamar a atención sobre unha práctica incívica moi habitual, como é o abandono de lixo desde os vehículos, ademais de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de manter limpos os espazos naturais e urbanos”, aseguran dende o goberno municipal. A actividade é gratuíta e as persoas participantes contarán con luvas, bolsas e seguro.

Nos próximos días tamén se distribuirán folletos informativos nos centros educativos do municipio co obxectivo de implicar á comunidade escolar e fomentar a educación ambiental entre a poboación máis nova.

As inscricións xa están abertas a través da páxina web municipal www.mos.es, onde cada participante poderá escoller o punto de recollida no que desexe colaborar.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS