HomeNewsActualidadeArbo investirá 58.000 euros na mellora dos viais de Barcia na parroquia...

Arbo investirá 58.000 euros na mellora dos viais de Barcia na parroquia de Mourentán

O Concello de Arbo continúa co seu plan de modernización das infraestruturas rurais para garantir a seguridade e a
calidade de vida dos seus veciños. Así pois, a administración local vén de anunciar o proxecto de ampliación e mellora de dous viais de comunicación interior no lugar de Barcia, pertencente á parroquia de San Cristovo de Mourentán.

A intervención, que sairá a licitación mediante un procedemento aberto simplificado sumario, conta cun orzamento total de 58.047,16 euros (IVE incluído). O financiamento está garantido grazas a unha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra.

Entre as principais accións destacan a ampliación do vial, a mellora do saneamento e drenaxe e a pavimentación. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, salientou que esta obra é estratéxica para a parroquia de Mourentán, asegurando que “esta actuación en Barcia é de vital importancia para modernizar as nosas infraestruturas rurais e garantir uns estándares de calidade de vida dignos”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS