HomeNewsActualidadeSalvaterra convoca a XXI edición dos Premios de Educación

Salvaterra convoca a XXI edición dos Premios de Educación

O Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar os XXI Premios de Educación 2025/2026, unha iniciativa que busca incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co esforzo e a convivencia entre persoas mozas.

O proxecto nace da interacción e colaboración entre os diversos centros educativos do municipio e o Concello de Salvaterra, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes.

Para esta convocatoria, ao igual que en edicións anteriores, tomar parte o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra de Miño, en todos os seus finais de etapa.

Os premios

Ao alumnado de 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO e alumnos de 6º de Prmiaria de cada centro educativo, outórgaselles catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet con funda, memoria micro SD e autoriculares Bluetooth de 64GB.

Por outra banda, para o alumnado de 2º de Bacharelato, concédense tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de dúas semanas a Irlanda durante o verán, concretamente na localidade de Bray. O obxectivo das bolsas é perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura.

As bolsas de estudo inclúen: viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento nunha vivenda familiar, curso de inglés xeral de dúas semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades gratuítas, excursión de día completo, bono de comidas e seguros.

  • A entrega dos premios terá lugar tras a finalización de todos os cursos e etapas no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.
Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS