A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, anunciou que a súa formación presentará unha moción no pleno ordinario do vindeiro 25 de maio para tratar a imputación penal da concelleira de Seguridade e Contratación, Patricia Rodríguez. Esta decisión chega despois de que o BNG non secundase a proposta dos populares de convocar un pleno extraordinario sobre este asunto.
A líder da oposición cualificou de “incomprensible” a “tebiñanza” do grupo nacionalista. Sánchez lembrou que o acordo exposto ao Bloque incluía catro puntos: a destitución de Rodríguez, que Abel Caballero dea explicacións, a creación dunha comisión de investigación e o traslado oficial de condolencias á familia de Iván por parte de toda a corporación.
“Un feito de enorme gravidade e sen precedentes”
Para o PP, a imputación da concelleira por un delito de homicidio imprudente en concurso cun delito de lesións é un feito “sen precedentes” na cidade. Luisa Sánchez criticou con dureza que o goberno local pretenda zanjar o tema “cun audio gravado de menos de medio minuto” e acusou o alcalde de converterse en “cómplice” ao manter á edila no seu cargo.
Segundo a portavoz popular, a permanencia de Patricia Rodríguez no goberno “agrava o deterioro da imaxe do Concello”. Sánchez insistiu en que Vigo merece unha administración que actúe con “exemplaridade” e que non normalice situacións que considera incompatibles coa ética pública.
Debate garantido o 25 de maio
Ante a falta de apoio para o pleno monográfico, o PP utilizará a vía da moción ordinaria no último luns de mes. Segundo a formación, esta iniciativa terá que ser admitida e debatida “si ou si”, forzando así un posicionamento público do goberno de Abel Caballero sobre as responsabilidades políticas derivadas deste caso.
Podes escoitar as declaracións completas da portavoz do PP de Vigo, Luisa Sánchez, premendo no seguinte audio:

